José Docampo 12/08/2021

Os Rías Baixas Film Fest xurdiron no 2020 baixo o paraugas da Deputación e da man dos organizadores dos festivais. Nese mesmo ano púxose en marcha un Comité de persoas expertas para incrementar a visibilidade dos certames, axudar á profesionalización do sector audiovisual e xuntar esforzos para ser máis fortes no relato cultural. Neste 2021 a Deputación achega 150.000 €, 20.000 € máis que no 2020, á celebración destes festivais que crean vínculos e sitúan á provincia de Pontevedra como un lugar de referencia.

A Deputación de Pontevedra deu o “pistoletazo” de saída a unha nova edición dos Rías Baixas Film Fest que, entre setembro e decembro, situarán á provincia “como a grande referencia no audiovisual”. A presidenta Carmela Silva, xunto a Suso Novás, codirector de Novos Cinemas de Pontevedra, e Teresa Barberena, codirectora do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, deron a coñecer as novidades deste ano, acompañados de representantes de todos os festivais que integran a marca e de integrantes dos gobernos locais de Porriño, Vigo, Bueu, Tui, Vilagarcía e Pontevedra.  O acto pechouse cun sketch cómico a cargo do director Pablo Cacheda e do actor Santi Romay.

Carmela Silva puxo en valor aos festivais como elementos que contribúen a converter á provincia nunha referencia cultural. “Nesta administración temos moi claro que queremos cultura para vivir e que non podemos construírnos, ser felices e participar activamente na transformación do mundo sen cultura. Temos a obriga –asegurou- de facer deste provincia unha referencia na cultura, que a xente entenda que coidamos a cultura, que somos herdeiras e herdeiros dun país, que é Galicia, que sempre estivo na vangarda cultural e que o sector audiovisual é unha grande referencia. Se hai algo que constrúe sociedade e fai que a xente participe activamente é o audiovisual, que ofrece moitas miradas, diversas, e transmite emocións, ideas e valores universais”. Para Carmela Silva, que agradeceu o “inmenso traballo” dos organizadores dos festivais e do persoal da Deputación implicado, os Rías Baixas Film Fest “fan felices á nosa xente, que ten que ser obxectivo prioritario, pero tamén son un motor de atracción de visitantes, de amosar que na nosa provincia hai moito talento, talentazo”.

Oito festivais audiovisuais entre setembro e decembro

Os Rías Baixas Film Fest comezarán en O Porriño coa celebración do XVIII Festival de Cans entre o 1 e 4 de setembro e continuarán co X Primavera do Cinema, que terá lugar en Vigo do 7 ao 12 de setembro; co XIV FicBueu entre o 10 e 19 de setembro en Bueu; co XVII Play-Doc que terá lugar entre o 22 e 26 de setembro en Tui; co 4#Galician Freaky Film Fest entre o 29 de setembro e 2 de outubro en Vigo; co VI Festival de Cine Inclusivo que terá lugar entre o 12 e 16 de outubro en Vigo; co 49º Curtas Festivais do Imaxinario entre o 22 e 31 de outubro en Vilagarcía; e co VI Novos Cinemas que se celebrará entre o 14 e 19 de decembro en Pontevedra e pechará a edición do 2021 dos Rías Baixas Film Fest.

Neste 2021 a Deputación amais de lanzar por vez primeira nos oito festivais a campaña “Lembra, eu decido, ti respectas”, continuará colaborando cos protocolos de seguridade anticovid. Amais incrementará os seus esforzos de promoción a través da campaña específica “Rías Baixas Film Fest, que non che conten a película“, que se puido ver xa durante a presentación, con frases divertidas de cada un dos festivais que será difundida a través de ráfagas e vídeos nos medios e redes sociais.  Tamén incorporará a promoción dos festivais na feira Culturgal e durante a celebración dos eventos gravará o audiovisual “#EuSonRíasBaixasFilmFest, a pegada dos (nosos) festivais”, no que se recollerán testemuñas do público falando das experiencias vividas nos festivais, para promover a marca de cara ao 2022.  Tamén de cara ao vindeiro ano terá lugar a acción “En modo cinema”, con conversas gravadas en localizacións da provincia e entrevistas realizadas polas directoras e directores dos Rías Baixas Film Fest.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad