José Docampo 11/08/2021

O Festival adicaralle unha retrospectiva á obra de Mendonça, un dos directores de maior proxeción internacional, que colocará a súa estrela no Torreiro.O certame dá un gran salto na súa internacionalización coa presenza do cineasta, que en 2019 recibiu o premio do xurado en Cannes polo seu filme `Bacurau´.

O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, será un dos grandes protagonistas da XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro.

Mendonça Filho será o convidado do coloquio central doFestival, que terá lugar o sábado 4 de setembro ás 12,00 horas no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Ademais, o certame adicaralle unha retrospectiva na que se proxectarán as tres longametraxes que realizou ata o momento e varias das súas curtametraxes.

Tanto nas súas curtametraxes coma nos seus filmes, Mendonça retrata as alegrías e as penas da clase media brasileira, con diferentes contextos políticos de fondo, que van desde o Brasil culturalmente emerxente de Lula, ata o país actual presidido por Jair Bolsonaro, que planea sobre o seu último filme, ‘Bacurau’. Sempre cargado de crítica social, sen renunciar a unha fina liña de humor, cunha música moi ben elaborada, e coa súa cidade, Recife, coma omnipresente personaxe silencioso, o cinema de Mendonça Filho érguese como imprescindible no contexto actual.

Despois de ter traballado como crítico de cine e programador, e logo tamén dunha prolífica carreira como reputado curtametraxista, Mendonça Filho comezou a desenvolver unha exitosa obra como director de longametraxes. Ata o momento, dirixiu tres películas de longa duración, con enorme éxito entre a crítica internacional.

O seu filme debú ‘O son do Arredor’ (2012) (Os Ruídos de Recife), foi aclamado coma unha das dez mellores películas  do ano por The New York Times, e foi elixida para representar a Brasil nos Oscar. A súa seguinte película, ‘Aquarius’ (2016) (Dona Clara), cunha impresionante Sonia Braga como actriz protagonista, foi seleccionada na competición oficial de Cannes, nomeada aos Premios Cesar e aos Indenpendet Sipirit Award. E por último, ‘Bacurau’ (2019),  codirixida con Juliano Dornelles, recibiu o Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, consagrando a Mendonça Filho como un dos grandes cineastas do momento.

O público do Festival de Cans poderá coñecer en profundidade a obra do director brasileiro antes do coloquio. O Festival programou unha retrospectiva en dúas fases. As longametraxes proxectaranse antes de que comece o certame, entre o 26 e o 28 de agosto. As curtas de Mendonça Filho, tamén premiadas en moitos casos nos máis prestixiosos festivais internacionais,  proxectaranse o 3 de setembro, na xornada previa ao encontro co cineasta e coa súa presenza no Baixo de Bugarín, no que se poderán ver os filmes.

O xoves 26 de agosto ás 20 horas comeza a retrospectiva co pase de  ‘O son Arredor’. O venres 27, tamén ás 20 horas, poderase ver ‘Aquarius’.  O sábado 28 de agosto, ás 12 horas, proxectarase ‘Bacurau’. Só haberá 40 entradas para cada pase. Serán de balde pero baixo rexistro obrigatorio que pode facerse na tenda en liña do Festival de Cans: https://tenda.festivaldecans.com/.

Antes de chegar a esta traxectoria como cineasta consagrado, Mendonça acadara xa máis de 120 premios en todo o mundo coas súas curtametraxes, seleccionadas en festivais tan prestixisos como Karlovy Vari, BAFICI, Rotterdam ou Clermont- Ferrand. Unha selección destas curtametraxes tamén será proxectada no Festival de Cans o venres, 3 de setembro.  O director estará presente.

A proxección das curtas será a partir das 20.30 horas no Baixo de Bugarín. O aforo é de 60 persoas. A inscrición, de balde, tamén é obrigatoria. 

A información e fichas dos filmes qiue forman parte da retrospectiva pode descargarse aquí.

O Festival continúa a ter unha excelente acollida entre o público. As entradas para os concertos de Maika Makovski e Ses, postas á venda a semana pasada, teñen unha forte demanda. O certame está a piques de pendurar o cartel de “últimas entradas” para estes concertos. Tamén quedan poucas das 95 postas á vendas para a sección Furacáns e para as curtas que participan a concurso nas seccións oficiais de Ficción e Animación. Están dispoñibles en https://tenda.festivaldecans.com/.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad