Mónica Romero 09/08/2021

“Los Goonies”, “Fiebre del sábado noche” e “Abominable” esta semana no Paseo Fluvial de Tui. As entradas poden reservarse gratuitamente en www.tui.gal

O Paseo Fluvial de Tui volve converterse esta semana nunha sala de cinema ao aire libre. Está programadas tres películas que se proxectarán mañá martes, o mércores e o xoves ás 22 h. A reserva de entradas, de forma gratuíta, está xa aberta a través da web municipal www.tui.gal

A primeira cita mañá martes será coa proxección de “Los Goonies” un clásico do cinema dos anos 80 que nos permitirá gozar das aventuras dun grupo de amigos na busca dun tesouro pirata do século XVII. Co botín, que tamén perseguen os Fratelli, buscarán salvar as casas das súas familias. O filme, cunha duración de 114 minutos, foi dirixido en 1985 por Richard Donner.

O mércores, tamén ás 22 h, será a quenda doutro clásico “Fiebre del sábado noche”. Tony Manero (John Travolta) volverá bailar na discoteca “Odisea 2001” xunto a Stephanie Mangano (Karen Lynn Gorney) para gañar un campionato. Dirixida por John Badham, en 1977, ten unha duración de 119 minutos.

Por último o xoves, ás 22 h, proxectarase a película de animación “Abominable” dirixida por Jill Culton e Todd Wilderman. Ao longo de 97 minutos podemos gozar das aventuras de Yi, unha adolescente, axuda a un xoven yeti que atopa na azotea do seu edificio en Shangai, a fuxir e reencontrarse coa súa familia no máis alto de Everest.

Estas proxección de cinema ao aire libre forman parte da programación cultural do verán organizadas pola concellería de Cultura do Concello de Tui. Contan con protocolo de seguridade con todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias, con control de acceso e rexistro de asistentes, desinfección das mans con xel hidroalcohólico no acceso, e distancia de seguridade entre espectadores, entre outros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad