Sthela Táboas 09/08/2021

O Concello confíalle un novo proxecto á arquitecta mosense máis premiada coa reforma integral destes dous inmobles municipais cun orzamento de 481.375,53 €

O Concello de Mos opta a subvención do Plan Concellos para realizar a reforma integral do edificio que alberga a Biblioteca Municipal e os Xulgados de Paz de Mos, sito na Porteliña na parroquia de Petelos.

Para a devandita mellora integral a administración municipal mosense confía e aposta novamente pola arquitecta local, Estefanía Grandal. A arquitecta mosense recibíu dous premios autonómicos: pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña, o premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020; e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral -xusto ao carón do da Biblioteca- o da Escola Infantil da Porteliña, que desde o Concello se anunciaba fai uns días.

Para a mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz  Mos, Fani Grandal e Ludmila Castro, que acompaña á mosense neste proxecto, fan unha proposta de actuación que pretende conseguir un edificio caracterizado polo uso de materiais espidos, destacando a expresión natural dos mesmos.

A da Porteliña trátase dunha edificación de planta baixa e planta primeira, cunha superficie construida total de 317,81 m2 con forma rectangular, materializada con cuberta a catro augas e fachada de pedra rosa Porriño, con cantos de forxado vistos.

Para a mellora integral programada pártese do cerramento de pedra existente e dos elementos estruturais en formigón visto. Con esta base, introdúcense os metais en zinc e aluminio anodizando natural que apoian a rehabilitación, para conseguir un resultado interior de maior confort: carpinterías exteriores e cuberta. O interior da biblioteca manterá a mesma esencia que o exterior. Neste caso, será a madeira, na súa expresión natural, a principal protagonista.

“Con ela búscase achega á calidez necesaria neste tipo de uso. Xeráronse mobles a media altura que van moldeando un único espazo para conseguir ambientes máis reducidos e íntimos. Búscase non romper o contacto visual do espazo na súa totalidade; dispoñendo de espazos polivalentes e zonificados para xerar unha maior sensación de confort”, explica Grandal.

Ademáis aportanse unha serie de mellorías para garantir o confort térmico e visual: mellora do illamento térmico da envolvente do edificio, instalación de novos equipos de produción de calor ou frío, mellora das instalacións de iluminación, implantación de equipos de contabilización e monitoraxe de datos. O orzamento desta reforma ascende a 481.375,53 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad