Sthela Táboas 06/08/2021

Os concertos volven a Mos hoxe con Andrea Pousa,  mañán Sés coas entradas esgotadas, o 31 de agosto Xoel López e Milladoiro o 4 de setembro, día da chegada a meta dos ciclistas no Castro de Herville

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciaba hoxe o gran concerto que acollerá o municipio con motivo da etapa 20, de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos, con meta no Castro de Herville, na parroquia mosense de Cela. Trátase da actuación de Xoel López, que estará en Mos o martes 31 de agosto.

A rexedora local mosense anunciaba esta gran nova ao tempo que informaba de que se atopan esgotadas as entradas para o concerto de Sés, que terá lugar mañá ás 21.30 h con motivo das Festas do Patrón, San Mamede.

A programación municipal con motivo do Patrón local comezou hoxe ás 21.00 h, coa actuación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso, aos que seguirá ás 22.00 h, Andrea Pousa e o seu espectáculo “Un Verso un Cantar”.

Mañá, o propio día de San Mamede, ademáis do concerto de Sés, pola mañá oficiarase a Misa Solemne (ás 12.00 h) e de seguido a actuación da Banda de Música Xuvenil de Torroso. Pola tarde poderemos desfrutar dun partido de fútbol feminino, no Campo de Fútbol das Baloutas ás 18.00 h; e ás 20.00 h a actuación da Banda de Música de Ribadumia.

Por último, o domingo 8 de agosto oficiarase a Santa Misa (ás 13.00 h) coa actuación posterior do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso; e ás 21.00 h, actuación de The Turres Band.

Concertos de La Vuelta 21

Ademais de Xoel López, a alcaldesa de Mos informou de que o propio 4 de setembro, día da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos, celebrarase outro concerto de altura no municipio. Será o que ofrecerá o emblemático grupo Milladoiro

Estes 3 grandes concertos mosenses -o de Sés de mañá, o de Xoel López do 31 de agosto e Milladoiro o 4 de setembro- enmárcanse dentro do Xacobeo 2021-2022, e contan con financiación da Xunta de Galicia. É por elo que Arévalo agradeceu “enormemente o aopio da Xunta e do Xacobeo, que permite e fai posible esta gran programación musical en Mos. Sen o respaldo autonómico, estes tres grandes concertos non serían posibles, por iso é máxima a gratitude do Concello cara a Xunta de Galicia; por axudarnos a ter o Xacobeo e La Vuelta que Mos merece”, declarou a rexedora.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad