Mónica Romero 05/08/2021

Unha parte desta mostra pode contemplarse na Biblioteca Municipal

Ao longo do mes de agosto o Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, acolle a exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década” que recolle unha escolma das obras participantes neste certame convocado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia en numerosas disciplinas. Unha parte desta mostra colectiva, en concreto os graffiti poden contemplarse na Biblioteca Municipal de Tui.

Nesta mostra figuran as obras de Iria, Fafián, Miguel Aurelio Cajaraville, Fercho R.M. e Margot Rodríguez

Esta exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década” repasa os máis de dez anos de vida dun programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. A mostra, que ten carácter itinerante, confórmana diferentes traballos de mozas e mozos galegos en seis disciplinas diferentes que participaron nesta iniciativa da Xunta de Galicia que promove o talento e a creatividade da mocidade galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad