Sabela Landín 04/08/2021
REgata

Moitos dos celtas que viaxaron a Galicia baixo o liderado do bispo Maeloc, fixérono en barcos veleiros como os que impulsaron a Iago López Marra e a Támara Echegoyen cara os diplomas olímpicos e o que esperamos que leve a Nico Rodríguez ás medallas a partir das 7,30 horas de mañá

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, vén de presentar a regata Mar de Maeloc 58ª edición Regata Rías Baixas que terá lugar do 10 ao 14 de agosto con cinco etapas que discorrerán entre Vigo, Combarro, A Pobra do Caramiñal e Vigo.

O mandatario destacou como este é un evento que combina a tradición e a excelencia deportiva galega e lembrou que o bispo Maeloc foi o introdutor en Galicia da cultura celta e que xuntou a un exército de 30.000 persoas para enfrontarse aos vikingos. De feito, moitos deles, os procedentes da actual Gran Bretaña, chegaron a Galicia en barcos veleiros, como os que teñen impulsado a Iago López Marra e Támara Echegoyen cara os diplomas olímpicos en Toquio, ou o que esperemos que leve a Nico Rodríguez ás medallas a partir das 7,30 horas de mañá. Así tamén dixo que, probablemente, estes celtas viñeran a Galicia en caiac, como o que levou a Teresa Portela a conquistar a súa medalla de prata ou na que competirán Carlos Arévalo, Rodrigo Germade ou Antía Jácome; ou mesmo en dobre scull lixeiro, como no que Caetano Horta acadou o seu diploma olímpico.

Deste xeito, Lete Lasa destacou o gran potencial náutico de Galicia que fai que hoxe sexan estes deportistas os líderes da  nosa sociedade, os que baixo a bandeira de Galicia tamén compiten contra os deportistas doutros pobos e os mellores exemplos e modelos que debemos procurar imitar para lograr esa sociedade activa e saudable que tanto desexamos. O responsable do Deporte galego felicitou aos organizadores e patrocinadores por seguir unindo baixo este novo formato ás tres mellores regatas e ás decanas da vela galega: a Regata Rías Altas do Real Club Náutico da Coruña, a regata Finisterre e a Regata Rías Baixas e ás que nesta edición de 2021 sumóuselles excepcionalmente a regata Xacobeo 21-22 entre Getxo e A Coruña

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad