Sthela Táboas 03/08/2021

O concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional veñen de subscribir un convenio para desenvolver este programa de formación aberta

O concello de Salceda de Caselas xa formaba parte da rede de Aulas Auxiliares dende o ano 2014, pasando agora a ser titular da Aula Mentor, formando parte así da estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Dende o departamento de emprego do Concello trabállase na liña de fomentar a igualdade de oportunidades no aceso á educación, polo que “consideramos importantísimo formar parte destes programas avanzados de educación a distancia, tanto de ensinanza regrada como non regrada”.

A Aula Mentor é un recurso que pretende impulsar e mellorar as competencias persoais e profesionais das persoas adultas, promovendo a cultura e a participación da cidadanía no uso sostible das Tecnoloxías da información e as comunicacións. Hai que destacar que é unha formación aberta onde non existen requisitos de acceso e proporciona unha oferta formativa de carácter non formal moi ampla que se adapta as necesidades de conciliación laboral e familiar da poboación adulta.

A Aula Mentor do concello ten as instalación físicas e o equipamento tecnolóxico no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, co fin de dar soporte a esta formación a distancia. Ademais disporá de dúas persoas administradoras, que asistirán ás persoas usuarias nas necesidades telemáticas para a realización dos cursos, así como a orientación e información nos procesos de matriculación e a organización das probas de avaliación que serán presenciais. O convenio asinado entre o concello e o Ministerio terá unha vixencia de 4 anos prorrogables.

A alcaldesa e responsable da área de Emprego e Formación, Verónica Tourón, afirma que “as administracións públicas correspóndenos o deber de promover ofertas de aprendizaxe flexibles que permitan a adquisición de competencias básicas, obtendo as correspondentes titulacións, polo que esta é unha oportunidade sobre todo para aquelas persoas mozas e adultas que abandoaron ou tiveron que deixar o sistema educativo sen ningunha titulación.”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad