Sthela Táboas 27/07/2021

A alcaldesa anuncia que pedirá a colaboración de todos os grupos municipais para elaborar un plan de reducción das emisións á atmosfera

O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable ten que estar rematado antes do 3 de decembro

O Concello do Porriño xa dispón dunha achega de 10.900 €, con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea, para a redacción dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, coñecido como “PACES”.

O propósito é elaborar un plan de medidas que deberá terse redactado antes do 3 de decembro, no que se recollan accións concretas a executar no Porriño, para a redución das emisións á atmosfera.

O Porriño é un dos 271 concellos galegos que se adheriron ao Pacto Europeo das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sustentable, coordinado en Galicia pola Xunta. O acordo de adhesión adoptouse polo pleno da Corporación Municipal porriñesa a partires dunha moción presentada polo Partido Popular.

En consecuencia, O Porriño solicitou á Consellería de Medio Ambiente acollerse á liña de achegas convocada por ese departamento autonómico para a elaboración dun Plan de Acción, que deberá contemplar medidas que contribúan a eliminación de emisións contaminantes e que comprometan ao Concello e aos veciñ@s.

Coa concesión da achega notificada pola Xunta de Galicia ao Concello do Porriño, a alcaldesa, Eva García, declarou hoxe que vai convocar unha xunta de voceiros para “pedir a colaboración de todos os grupos municipais para que fagan chegar as súas propostas” declarou a rexedora.

A alcaldesa considera necesario “un acordo de todos os grupos para levar a cabo accións nas materias máis sensibles sexa a contaminación por lindano, sexa o impacto das explotacións mineiras”, rematou García de la Torre.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad