José Docampo 27/07/2021

A subsanación de fallas na cuberta do pavillón municipal e a instalación dunha nova nos accesos de Cototorrón acometéronse con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Representantes do Concello e da Deputación visitaron onte as melloras nas instalacións deportivas municipais do Pavillón Óscar Pereiro e o Campo de Fútbol de Cototorrón, acometidas con cargo ao Plan Concellos. Os representantes locais e provinciais estiveron acompañados no Campo de Fútbol de Cototorrón polo presidente do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira.

A inversión total realizada en ambas obras de mellora ascende a 40.500 euros. No Pavillón Óscar Pereiro, os traballos consistiron na reparación da cuberta para evitar as filtracións que afectaban aos clubes que alí adestran. No campo do Cototorrón, na instalación de cuberta no espazo de acceso do público e de interconexión entre ximnasio, aseos e oficinas.

No pavillón, asegura o Concello, “ademais de aumentar a impermeabilización e o illamento, a substitución do antigo material da cuberta xa desgastado, por pranchas translúcidas, permitiu gañar notablemente en luminosidade, dado que o novo material permite un maior paso da luz (ata un 52%)”. Da superficie total de 1.298 metros cadrados da cuberta, substituíronse 500 metros cadrados. Ademais, “minimizáronse as fugas térmicas, co que se reduce o consumo enerxético e contribúese á sustentabilidade ambiental”.

No caso do Campo de Fútbol de Cototorrón “a mellora consistiu na instalación dunha nova cuberta no espazo que intercomunica o ximnasio, as oficinas, o bar, os aseos e o acceso ao campo para o público”. A estrutura, que conecta todos os espazos anteriormente citados, ten unha superficie de 103 metros cadrados e consta de dúas chapas lacadas, sendo a cara exterior de cor verde e a interior branca. Está soportada por oito piares de aceiro, que contan coas súas respectivas zapatas para a ancoraxe ao solo. O material de cuberta son paneis nervados de cor verde no exterior e branca no interior a xogo co resto dos recubrimentos. Inclúe illante térmico.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad