Sabela Landín 22/07/2021
Ribeira Sacra

Tres días nos que reconectar e volver sentir. A quinta edición de 17° Ribeira Sacra levou a cultura segura por bandeira, con aforos reducidos pero cun público asistente  que se deixou atrapar pola contorna.

Con emprazamentos únicos en diversos recunchos da Ribeira Sacra, conquistando padais coa gastronomía e a enoloxía local, e cunha banda sonora de excepción, o festival conságrase como inigualable. Unha proposta cultural diferente, nun espazo seguro, no que se coida cada detalle.

A contorna local é o segredo de 17° Ribeira Sacra Festival. Unha cita na que sorrían os ollos e abrazaban as miradas. Na que, a pesar das distancias requiridas polas coidadas medidas de seguridade sanitarias necesarias, o público volveu sentir. A conectar, coa música, co viño, coa gastronomía; todo enmarcado nunha terra candidata a Patrimonio da Humanidade.

Unha experiencia que puideron gozar aqueles que lograron facerse cun dos abonos necesarios -esgotados desde o pasado mes de xaneiro- para deleitarse cos sons de  The  Gift,  Depedro,  Silvana Estrada,  The  Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García,  Bronquio, Ian  Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto  Sacramental,  Ale e  Rapariga  dj.

Tres días nos que, puidemos gozar, grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra, da proposta gastronómica da Chef con Estrela  Michelin Lucía Freitas. Os asistentes degustaron produtos próximos e de calidade mentres descubrían o perfecto equilibrio entre cociña moderna e tradicional. Patacas “rabudas”, hamburguesa de Galo Celta, bonito de Burela, cereixas e tomate… A oferta gastronómica do festival completouse ademais con dous  Showcooking Cervexas Alhambra da man de chefs galegos de referencia como Carlos J. González e Juan Crujeiras. Todo  maridado cos espectaculares viños da rexión, que puideron gozarse en diversas catas enmarcadas dentro do festival.

Con todo iso, e cunha axenda de actividades complementarias irrechazable, a quinta edición de 17º Ribeira Sacra reforza notoriamente a imaxe do territorio. Ademais da aposta habitual do festival polo modelo sostible de economía circular, que impacta notablemente na contorna local -nos aspectos económico, social, e ambiental-, a organización implementou un protocolo de seguridade impecable. Un equipo de máis dun centenar de profesionais velaron polo cumprimento de todas as medidas, e o público respondeu cun comportamento exemplar. Con traballo, a cultura é segura. E así quedou demostrado por segundo ano consecutivo.

17° Ribeira Sacra Festival e I-Radia Crea agradecen ao patrocinador oficial, Cervezas Alhambra. Ás institucións, Xunta de Galicia, Xacobeo 21·22,  Fest Galicia, Deputación de Lugo, Galicia Calidade, Concello de Sober, Concello de Chantada e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Tamén ás adegas Regina Viarum, Gadis, Via Romana Adegas e Viñedos, Petroni St., Treinaycinco milímetros, Eurostars Pazo de Sober, Labauh… E como non aos artistas, traballadores, público e medios de comunicación a confianza depositada no festival este ano.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad