Sthela Táboas 21/07/2021

Estas obras de máis de 40.000 € son asumidas na súa totalidade polo Concello de Salceda

Nestes días darán comezo en Salceda as obras de cambio de tella do CDL O Torrón, en Entenza; un centro adicado á promoción económica, emprego e formación.

Os traballos consisten na desmontaxe da tella cerámica, cumbreiras, limas, brocas e demais puntos singulares da cuberta; e a nova cuberta será de tella cerámica curva envellecida 40 x15 cm, en dúas fases. Instalarase  tamén un sistema de recollida de augas pluviais nos beirados da cuberta.

O proxecto ascende a 39.984 € máis IVE que asumirá o concello con fondos propios, con cargo ao orzamento municipal, dentro do plan de mantemento e conservación de edificios municipais.

Proximamente tamén se farán investimentos nos sistemas informáticos do centro coa montaxe dun servidor.

Esta obra de mellora súmase á instalación do sistema de climatización en todas as estancias do centro, que na actualidade conta con distintas aulas: unha polivalente, aula de informática, aula de cociña e de ebanistería; así como despachos de emprendedores, salas de xuntas e salón de actos.

O CDL O Torrón acolle ademais o servizo de orientación laboral, con dúas persoas e un técnico de emprego. Ao longo destes últimos tempos desenvolvéronse varios cursos de formación como atención sociosanitaria ou operario/a de automoción, ademais dun programa integrado de emprego con 100 persoas desempregadas e cursos de formación da Aula Mentor.

A alcaldesa e responsable da área de Emprego e Formación, Verónica Tourón, indicou “estamos a facer investimentos importantes neste centro de desenvolvemento local, que acolle o servizo municipal de promoción económica que xa é referente na comarca. Un servizo prioritario que atende máis de 2000 consultas anuais”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad