José Docampo 15/07/2021

O autor, veciño da parroquia de Dornelas, completa así a súa triloxía “del ayer y hoy de Mos”.

O fotógrafo, historiador e etnógrafo mosense, Javier Baquero, presentou esta tarde nos exteriores do Local Social de Dornelas, acompañado por representantes do Concello de Mos e familiares e veciños da parroquia, o seu terceiro libro sobre a historia de Mos: “Aclaraciones históricas del ayer y hoy de Mos”, editado polo Concello de Mos e que será empregado como agasallo institucional por parte da administración local mosense.

Este novo título que firma Baquero é a 3ª parte dunha triloxía integrada por outras dúas obras precedentes: “Datos históricos del ayer y de hoy de Mos I” (ano 1999) e “Datos históricos del ayer y de hoy de Mos II” (ano 2008).

Francisco Javier Baquero Rotea naceu en San Juan de Tabagón, concello de O Rosal, no ano 1951. No ano 1958 foi escolarizado en Mos. E continuou os seus estudos no Colexio Salesianos de San Roque en Vigo, onde cursou oficialía industrial na especialidade de Matricería. A súa traxectoria laboral desenvolveuse no ámbito industrial, especializándose no sector do automóbil; con recoñecemento pola súa implicación e achega ao deseño a través da investigación e o desenvolvemento.

Na súa xubilación, retirouse do seu posto profesional nunha importante empresa do sector da automoción, con numerosos recoñecementos polo seu desempeño e aportación. Desde os anos 80 alternou a súa dedicación profesional coa súa paixón etnográfica, procura e recompilación histórica.

Persoeiro amplamente recoñecido na súa parroquia de residencia, Dornelas, e en todo o municipio de Mos polas súas dúas grandes paixóns: a historia local e a fotografía, colaborou desde sempre moi activamente co Concello. Entre outras iniciativas participou, coas súas aportacións de coñecemento e investigación histórica, no deseño dos símbolos heráldicos ofciais municipais en vigor, supervisados e aprobados pola Comisión Heráldica de Galicia e polo Pleno do Concello de Mos: a bandeira aprobada en 2011 e o escudo aprobado en 2015.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad