A Oficina Comarcal LGTBIQ+ do Condado Paradanta, abrira as súas portas este martes día 13 de xullo, despois da súa presentación oficial diante dos e das Alcaldes e Alcaldesas, concelleiros e concelleiras da comarca do Tea.
Dita presentación, foi un dos acto que dende asociación Trans Miño LGTBIQ+ desenrolou para a celebración Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ que tivo lugar o pasado día 28 de xuño, na sala de usos polivalentes do auditorio Reveliano Soutullo.
Dende esta oficina comarcal, se levaran accións de información, orientación e asesoramento o colectivo LGTBIQ+, sendo os obxectivo xerais desta oficina, a creación dunha contorna adecuada para que calquera cidadán que acuda por primeira vez se senta cómodo cómoda á hora de expor as súas necesidade, que estarán atendidas por o equipo técnico desta Asociación.
Dende a asociación porá a disposición dos usuarios e usuarias desta oficina comarcal un psicólogo, un técnico en orientación sexual e diversidade de xénero e un promotor de igualdade.
Os dias que estarán abertos o publico serán o 13, 20 e 27 de xullo e os día 03,10 e 26 de agosto, cun horario de mañan de 10:30 a 13:30. Na sala de usos polivalente do Auditorio Reveriano Soutullo.
Esta oficina esta enmarcada no Plan de Prevención das Agresión por LGTBIfovia que dende esta asociación están a desenrolar, e que pretenden expandir por o resto das comarcas onde a asociación esta implantada.
Proximamente se abrira unha das dúas oficinas na Comarca do Baixo Miño, sendo esta primeira no Concello da Guarda, onde se acordou a cesión de este local en sesión plenaria sendo a súa localización no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.