Sabela Landín 13/07/2021
SAlvaterra do Miño

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez ven de reunirse coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Ángeles Vázquez co fin de presentarlle dous proxectos estratéxicos para o seu municipio. Por un lado un proxecto maduro, que se leva tramitando dende varios anos en diversos organismos, e que ten unha gran importancia a nivel medioambiental como é a pasarela de acceso a Illa Fillaboa, un proxecto para o que se está a valorar o seu posible encaixa nos novos Fondos Europeos de Recuperación.

A Illa Fillaboa conta con máis de 100.000m2, é a única illa de titularidade pública no Río Miño, está dentro da Rede Natura 2000, e nestes momentos estanse levando diferentes accións para pola en valor e abrila ao público a través de visitas programadas en barco. Coa construción desta pasarela daríase un paso máis e fariamos totalmente accesible ao público un entorno que temos que coidar e potenciar, ademais do valor didáctico e pedagóxico que se lle quere dar a través do Centro de Interpretación que existe no seu interior, ademais tamén se proveería aos pescadores dun aceso seguro aos emprazamentos nos que se desenrola a súa actividade.

Trataríase dunha estrutura, unha pasarela peatonal que uniría a beira norte do río Miño e a Illa Fillaboa, unha ponte colgante con atirantamento, con un trazado de 122m dende o borde do camiño de aceso (inicio da rampla norte) ata que a rampla sur toma unha dirección perpendicular para o descenso sobre a illa, en total con acesos estaríamos a falar dunha lonxitude de 163,5m.

Por outra banda a Alcaldesa de Salvaterra presentoulle tamén unha memoria  que se enmarca dentro do proxecto da recuperación do Recinto Amurallado, neste caso o remate da humanización das rúas interiores, un proxecto que contempla a humanización, o soterramento de liñas e a restauración do adoquinado das rúas interiores, co fin de seguir avanzando na posta en valor do patrimonio histórico cultural.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad