Sthela Táboas 08/07/2021

Dirixidas a hostalaría, comercio e autónomos suman un importe de 35.647 €

O Concello do Porriño informa da resolución dunha segunda quenda de axudas económicas directas pola Covid, que atenden a 27 solicitantes entre establecementos da hostalería, comercio, micro empresas e autónomos do municipio. 

O importe das achegas municipais desta segunda quenda é de 35.647 €. De esa cantidade total, 23.726 € son para peticionarios de axudas por peche total da súa actividade, namentres que os 11.741 € restantes son para atender solicitudes por cese parcial da actividade.

Este lote de axudas únese ao primeiro que supuxo achegas por un valor de 60.926 €. O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministracións e gastos xerais. 

Ata o momento dispuxéronse de 96.393 € con cargo a fondo total de 140.000 € que acordou o pleno da Corporación Municipal do Porriño, mediante recursos propios do Concello, a través dunha modificación de crédito, e coa achega concedida pola Deputación de Pontevedra. 

En breve haberá unha terceira quenda de concesión de axudas para atender outras solicitudes que aínda deben completar documentación requirida e que serán revisadas polo tribunal de avaliación.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad