Juan de Marco 04/07/2021
Xornadas multiaventura

O pasado venres remataron as Xornadas Multiaventura, que comenzaron o pasado día 28 de Xuño
na Praia de Patos.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira Julia Loureiro, visitaron aos 30 mozos e mozas que están a participar nas xornadas multiaventura, que se levan a cabo en horario matinal, , facilitando os pais a conciliación familiar, na Praia de Patos.
“Xornadas Multiaventura”, é unha actividade lúdica – deportiva coa que Concellería de Educación busca alternativas de ocio e tempo libre con carácter lúdico, participativo e igualitario, e coa que se pretende que os mozos e mozas aprendan divertindose nunha actividade deportiva saudable e divertida, gozando no entorno natural.
A diversión durante este días non só viu da man do surf. Os mozos e mozas coñeceron a práctica doutros deportes acuáticos, como o PadelSurf ou o Kaiak, actividades de relaxación como o Ioga, e realizaron rutas de sendeirismo onde aprenderon máis sobre as especies de flora e fauna que nos rodean, así como actividades de conservación do
medio ambiente, facendo fincapé na importancia de manter a nosa natureza limpa e aprendendo o que tardan en desfacerse os residuos que as veces deixamos nas praias e montes.
Unha experiencia única que se levou a cabo coa colaboración da Escola de Surf PradoSurf, que facilitou que os nosos mozos disfrutaran nun entorno incomparable dunhas actividades participactivas e igualitarias que favorecen o seu desenvolvemento social e persoal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad