Sthela Táboas 29/06/2021

As obras corren a cargo de Citic Censa ao precisar a empresa do rebaixe do adoquín dada a maniobrabilidade no transporte especial de pezas de gran volume

A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe Pedro Pereira, comunica o remate dos traballos realizados estes días na rotonda de confluencia de Antonio Palacios coa rúa Domingo Bueno e a avenida de Galicia.

Consistiron no rebaixe dos bordillos e do adoquín perimetral. A reforma da rotonda realizouse a solicitude da empresa “Citic Censa” para facilitar o paso de camións. A configuración anterior da rotonda, cos bordes altos, impedía ou dificultaba o paso de transportes con pezas especiais de grandes dimensións. O problema radicaba en que os vehículos pesados tiñan moi complicado o radio de xiro entre as rúas Domingo Bueno e Antonio Palacios.

Precisamente ao longo do mes de xullo, “Citic Censa” ten que atender varios pedidos de pezas especiais que se teñen que trasladar ao Porto de Vigo.

As obras de reforma da rotonda, co rebaixe de bordes e adoquíns realizáronse e financiaronse pola propia empresa “Citic Censa”. Pola súa banda, o Concello aproveitará para acondicionar a zona verde da rotonda durante o mes de xullo, segundo informou o concelleiro Pedro Pereira.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad