Mónica Romero 26/06/2021

O programa de actividades contempla un concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo e a súa banda o sábado ás 23:00 h no pórtico da Catedral de Tui. Retransmitirase tamén por streaming

Tui acolle a semana que vén o I Festival da Cultura Tradicional e Folk. O evento, organizado pola Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo de Tui, celebrarase do xoves 1 de xullo ao domingo 4 de xullo e incluirá un programa de actividades cheo de cultura e tradicións.

O festival foi presentado esta mañá na casa do concello coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, Conchi Sales, a presidenta da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, David Carbó e Yohel Santos, actor e director da obra de teatro “O Estraperlo”, Miguel Ángel Pena Castro, presidente da asociación Fiadeiro que porá música en directo a obra , e Anxo Lorenzo, gaiteiro.

Para Enrique Cabaleiro este festival é “unha proba do traballo en defensa da cultura galega de todos os organizadores, en especial o da Asociación San Telmo. Indicaba que este evento se vai ir consolidando e crecendo ano a ano xa que trata sobre algo que formou parte da nosa cultura e da nosa forma de ser, sobre unha época marcada polo estraperlo, recuperando así unha parte do noso legado e identidade.

A concelleira de cultura, Sonsoles Vicente, destacaba que “o Concello de Tui conta cun orzamento de subvencións de 71.000 euros co que axuda a máis de 24 asociacións, promocionando todas aquelas iniciativas, tanto privadas coma de asociacións, que queiran traer ao noso concello”.

Durante estes días celebraranse diferentes actividades culturais, que darán comezo coa inauguración da II Mostra de Vestimenta e Xoiaría Tradicional, o xoves día 1 ás 19.00 h no Cárcere Vello en Tui. Esta Mostra estará aberta ata o domingo 4 de xullo, día no que finalizarán as actividades deste I Festival da Cultura Tradicional e Folk.

O venres día 2 estrearase no Teatro Municipal, na Área Panorámica, a obra teatral “O Estraperlo”, froito do traballo de recollida realizado nos últimos anos pola Asociación.

Conchi Sales, presidenta da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo, destacaba na súa intervención que o obxectivo “é recuperar costumes e tradicións que se perderon no Baixo Miño e esta obra de teatro sobre o estraperlo é unha boa mostra diso”. Sinalaba que fixeron unha gran labor de recollida “visitando nas casas e coñecendo as vivencias desa xente que non tiña medios e recorría ao contrabando”.

Pola súa banda Yohel Santos e David Carbó, director e actor da obra de teatro “O Estraperlo”, falaron da “pescuda creativa realizada, partindo dun material tan bo e tan propio para realizar a obra, buscando palabras, lugares ou accións físicas a través das cales os actores foron confeccionado as diferentes escenas”.

O sábado día 3, terá lugar o xa enraizado Certame de Gaita e Tamboril, que celebrará a súa 6ª edición ás 20.30 h na Praza de San Fernando. Contará con participantes das catro provincias do país. A xornada rematará co Concerto de Anxo Lorenzo e invitados especiais, que dará comezo tralo certame, ás 23.00 h, no pórtico da Catedral de Tui. O concerto retransmitirase en directo a través do Facebook da Asociación San Telmo de Tui.

Anxo Lorenzo animaba a achegarse a Tui eses días para “desfrutar dun espectáculo único deseñado para o espazo da plaza da Catedral”. Sinalaba que “no concurso de gaiteiros solistas participarán nove músicos cun nivel altísimo de participantes, algo que demostra o gran interese que hai por vir a participar a Tui”.

O broche final desta primeira edición do festival, darano as clases maxistrais no Cárcere Vella do domingo día 4, nas que se contará con grandes músicos en diferentes disciplinas como a zanfona, a gaita, o baile tradicional, o whistle, o acordeón, o pandeiro, percusión tradicional ou corda pulsada. Á fronte destas clases maxistrais teremos a Anxo Lorenzo nas disciplinas de gaita galega e whistle, e Ruth Pérez será a encargada de impartir a aula de baile tradicional, quen fará un pequeno percorrido por algúns dos lugares da comarca dos Ancares, onde verán diferentes recursos e xeitos do baile solto. Carlos Álvarez impartirá a clase maxistral de pandeiro de man, e Kinhos Saburido a de percusión tradicional. Ademáis, Gutier Álvarez será o encargado de dirixir a clase de zanfona, mentres que Rubén Bada impartirá a de corda pulsada. Por último, Jorge Juncal dará a clase de acordeón.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad