Neste proxecto participan tanto o Concello, como a ANPA, docentes, proxenitores e asociacións veciñais
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Vacárcel Gómez, supervisa as obras que se están realizando nas aulas do C.R.A. A Lagoa, froito dun traballo conxunto entre o Concello, profesorado e pais e nais do centro.
Un proxecto de restauración e mantemento das escolas infantís que busca dar resposta ás novas situacións educativas, pensando sempre no beneficio do alumnado que acode ás mesmas.
Iníciase este curso e, con carácter gradual, pretende abordar a totalidade das escolas que conforman o C.R.A A Lagoa.
Neste proxecto cóntase coa colaboración e implicación non só do Concello de Salvaterra, senón tamén coa A.N.P.A Pequeniños e as distintas Asociacións Veciñais da zona e o profesorado do centro.
A colaboración das familias, resulta fundamental para levar a cabo este proxecto que ten como obxectivo a contribución á mellora da escola pública.
Salvaterra de Miño aposta por unha escola de tod@s e para tod@s.