Sabela Landín 22/06/2021
ORAL

A porcentaxe de expedientes pechados en período voluntario nos 32 concellos coa tramitación delegada crece este ano 11 puntos con respecto ao balanzo de 2020.

Un total de 9 de cada 10 multas en materia de tráfico e seguridade viaria interpostas pola Policía Local dos 32 concellos da provincia que teñen delegada a tramitación e a recadación ao ORAL se pagan durante o período voluntario. Así, ata un 90,2% dos expedientes tramitados no que vai deste ano 2021 remataron co pago dentro do primeiro prazo. O incremento na voluntariedade no abono das sancións, ata alcanzar estas cifras de máximos históricos,  atribúese  á crecente concienciación por parte da veciñanza, que entende o labor policial como garantía de respecto pola seguridade viaria. Amais, a tendencia de crecemento na voluntariedade dos abonos nótase por igual nos 32 concellos que teñen delegada esta competencia no servizo da Deputación.

 O ORAL, dentro do seu proceso de mellora continua na atención aos concellos, puxo en marcha durante o pasado ano un sistema electrónico a gravación das denuncias por parte das policías locais e o seu envío telemático ás oficinas a través de dispositivos portátiles. Esta mellora simplificou a tramitación administrativa das sancións e, por tanto, a axilización das notificacións ás persoas que cometen as infraccións. Ao longo deste ano, con datos pechados o pasado 31 de maio, iniciáronse un total de 9.975 expedientes sancionadores, dos se cobraron voluntariamente 8.835, o que representa o 90,2%. Durante todo o ano pasado tramitáronse 13.188 sancións, das que 10.470 remataron co pago en período voluntario (79,3%). O crecemento na voluntariedade  crece, por tanto, en case 11 puntos porcentuais.

Máis da metade dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia confían no ORAL para a xestión das súas sancións de tráfico, aínda que se sumamos as delegacións para a recadación de impostos e/ou taxas municipais o número de concellos adheridos crece ata os 54.

O ORAL vén de publicar a súa Memoria anual, co resultado de que o 89,4% dos recibos correspondentes aos padróns do exercicio 2020 cobráronse durante a anualidade, o que supuxo un incremento de tres puntos porcentuais con respecto ao ano anterior. A efectividade nos cobros foi aínda maior no padrón do Imposto de Bens Inmobles (IBI), a principal figura tributaria municipal, alcanzando o 91%, e no Imposto de Actividades Económicas (IAE), cun 92,6%. Co ánimo de mellorar a atención ao público, o ORAL vén de estrear unhas modernas instalacións en Pontevedra con oito puntos de atención integral, nos que é posible realizar todo tipo de trámites. Ademais, durante o pasado ano inaugurou unha nova oficina en Tui e está a realizar melloras noutras sedes. A rede do ORAL, cos seus 23 centros de atención por todo o territorio provincial, atende anualmente de xeito presencial, telefónico e/ou telemático a case medio millón de persoas dos 54 concellos delegantes

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad