Sthela Táboas 21/06/2021

Trátase do fin de proxecto interdisciplinar anual do centro que acolle traballos dos alumnos e un maratón radiofónico que terá lugar mañá martes no Pavillón de Leirado

O martes, 22 de xuño, de 11:00 h a 13:00 h. no camiño do pavillón de Leirado, como peche das actividades lectivas no CEIP Leirado, haberá un maratón radiofónico e unha exposición dos traballos que realizou o alumnado ao longo do curso en relación co proxecto interdisciplinar “A tope coa saúde”.

Para dar cumprimento ao protocolo COVID, este curso, o alumnado non poderá ser o protagonista da explicación do proxecto anual de centro “A tope coa saúde” e será parte do profesorado do centro que nos acompañe durante a visita e maratón radiofónico.

Neste proxecto fixemos traballos de investigación (microorganismos, vacinas, historia da medicina, pandemias históricas…), aprendemos a ser saudables (prevención de enfermidades e accidentes, descanso, exercicio físico, alimentación) e agora amosamos todo o que aprendemos. Desenvolvéronse tarefas integradas en todos os niveis empregando a aprendizaxe cooperativa que culminaron con esta exposición e maratón radiofónico (produto final das tarefas integradas do 3º trimestre).

A Comunidade Educativa do CEIP de Leirado agarda a vosa asistencia en horario de 11:00 a 13:00 h.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad