Sthela Táboas 19/06/2021

A través do cofinanciamento da Xunta de Galicia cos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda, xestionado dende COGAMI

No ano 2010 a Asociación  de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta -Adapta- puxo en marcha un Servizo de Fisioterapia, dirixido ás persoas con Discapacidade dos Concellos que forman as Comarcas do Condado e Paradanta, xa que este tipo de terapia física ocupa un lugar moi importante na atención a persoas con discapacidade física. O seu obxectivo é promover, manter e aumentar a calidade de vida das persoas con discapacidade.

Durante estes anos, este Servizo consolidouse como un Servizo de referencia entre o colectivo, xa que a fisioterapia é especialmente útil para persoas que sufriron unha lesión ou que teñen problemas de saúde causados por unha enfermidade, unha afección ou unha discapacidade, chegando a ser un elemento clave.

No que vai de ano están sendo atendidas no Servizo de Fisioterapia de Adapta un total de 32 persoas con discapacidade en diferentes intensidades, polo que foi necesario reforzar o Servizo co aumento das horas de atención. Isto foi posible a través da convocatoria de subvencións, destinadas a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a asignación tributaria do 0,7% do IRPF xestionada dende COGAMI.

A través desta convocatoria subvencionáronse 5.000 € dirixidos a incrementar as horas de prestación do servizo de Fisioterapia para persoas con Discapacidade de Adapta, que xunto cos 15.000 € concedidos pola Fundación ONCE e as aportacións das persoas usuarias, é posible facer fronte a totalidade dos custes do servizo .

O servizo de Adapta esta activo de luns a venres durante todo o ano e vai dirixido as persoas con discapacidade.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad