O vindeiro sábado 19 de xuño, entre as 09 h e as 14 h, a Agrupación Apícola de Galicia ten prevista a instalación dun Punto de Información e Venda de Belacolmea na Praza Antonio Palacios do Porriño. Esta localización non foi elixida ao azar, senón por tratarse dun importante enclave para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués.
Belacolmea materializa a senlleira relación entre peregrinos e apicultura, sendo unha liña de cosmética natural
que aglutina os beneficios do Mel de Galicia con Indicación Xeográfica Protexida, así como doutros produtos
da colmea como son o propóleo ou a cera.
Este sábado, no punto de información, os camiñantes recibirán como agasallo un Pack Peregrino composto por
tres mostras: un bálsamo para pés de nutrición intensa e os bálsamos corporais ApiDor e ApiReparador. Todos
eles contan co poder do Mel de Galicia, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades
antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos
peregrinos tras longas camiñadas.
Do mesmo xeito, ofrecerase información a todas as persoas interesadas no ámbito da apicosmética en xeral, ou
en Belacolmea en concreto, para alén de poder adquirir outros produtos pertencentes a esta liña de coidado
corporal no mesmo posto.
En cada un destes puntos, a agrupación conta coa colaboración dos consellos reguladores da IXP Mel de Galicia,
DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa, DOP San Simón da Costa, DOP Cebreiro, IXP Pan de Cea, IXP Pataca de
Galicia e IXP Tarta de Santiago.
Finalmente, cabe lembrar que Belacolmea constitúe un dos proxectos incluídos no programa O Teu Xacobeo da
Xunta de Galicia, orientado á promoción e dinamización do Xacobeo 2021.
A SEGUNDA DE SEIS PARADAS AO LONGO DO
CAMIÑO DE SANTIAGO
Tras o seu paso por Lalín o pasado 5 de xuño, a Agrupación Apícola de Galicia prevé a colocación de catro
puntos de información máis ao longo dos vindeiros meses. Todas estas localizacións comparten o feito de ser
zonas de tránsito ou chegada dos camiñantes que estean a realizar algunhas das rutas xacobeas.
Concretamente:
Sábado 18 de setembro: Dumbría
Sábado 25 de setembro: O Cebreiro
Sábado 14 de agosto: Pontevedra
Sábado 4 de setembro: Ribadiso (Arzúa)