José Docampo 16/06/2021

Mañá, día 17, Cirkompacto ofrecerá un espectáculo baseado nas artes escénicas. A quenda do Punk Folk tabernario de Falperrys será o venres 18. Sábado e domingo, haberá sesións vermú con The Turre’s Band e Alicornios.

O Territorio cultural da Sala Rebullón volve esta semana con divertidas ofertas culturais. Mañá, xoves ás 19 h actuará Cirkompacto, a unión creativa de lván Casanova e Malala Ricoy. Esta compañía de recente creación “naceu baixo a premisa da importancia que o circo e asartes escénicas poden ter e tiveron na educación social, pretende cargar de contido todos os seus espectáculos”. Preséntanse como Rejhuz e Clakghs Setén, fillo e filla de Satán. O seu pai, “farto de aguantar a estes dous completos inútiles malcriados e aspirando a ser emérito por fin, decide botalos do inferno para que aprendan a gañarse o mal por si mesmo. Rejhuz, o maior dos dous, é un egolatrá petulante que inventou un aparello coa finalidade de conseguir almas e amosar ó seu pai que é un digno herdeiro. Xuntos coa sua irma pequena, unha completa tarada que o sigue a todar partes, chegan á terra dispostos a dominar a humanidade, mais… que se van atopar? estes dous diaños son tan malos como presumen?”. Este evento é gratuito, e poden reservarse as prazas enviando un email a reservasrebullon@gmail.com.

Venres 18 será a quenda dos Falperrys, un grupo de Punk Folk Tabernario “para almas perdidas”. A entrada vale 10 euros e pode ser reservada dirixindo un email ao mesmo enderezo.

Daráse tamén a presentación da Xira Zapatista pola Vida. Desde comezos de maio, o navío zapatista La Montaña, no cal viaxan catro mulleres, dous homes e unha “otroa”, o Escuadrón 421, surca o océano Atlántico, rumbo ás costas europeas, a Vigo, onde chegará a mediados de xuño. O seu obxectivo: percorrer Europa, un primeiro paso ao que seguirán outros noutras xeografías, “buscando non á diferencia, non a superioridade, non o enfrontamento, moito menos o perdón e a lástima. Iremos a atopar o que nos fai iguais”. Cúmprense xusto agora 20 anos da Marcha do Color da Terra que zapatistas e Congreso Nacional Indígena realizaron en 2001 para reclamar un lugar nun México que os ignora

O sábado 19 e o domingo 20 celebraránse coas duas sesións vermú das mais movidas ata a data: The Turre’s Band o sábado, e Os Alicornios o domingo. Ambas son de acceso gratuito até completar aforo, e poden facerse reservas na dirección de email mencionada arriba.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad