Serán 7 os clubes participantes coa forzosa ausencia do Granollers , con 6 positivos Covid entre os seus xogadores
O Polideportivo Municipal do Porriño acolle desde mañá os encontros clasificatorios para a final, que se xogará o domingo ás 12.15 h
Finalmente serán sete os equipos que participen a partir de mañá mércores 16, na fase final do Campionato de España de Balonmán Cadete Masculino, que se celebrará ata o domingo no Polideportivo Municipal do Porriño. Lamentablemente un gromo de coronavirus con media ducia de xogadores contaxiados, impediu que o Balonmán Granollers poida participar, e de feito, xa renunciaron a viaxar.
Os sete equipos participantes nesta fase final, da que sairá o campión de España cadete masculino, serán: Barcelona, Zaisa Bidasoa Irún, Cajasur Córdoba Balonmano, Grupo IMQ, CBM Delicias Play 360, Fertiberia Puerto Sagunto e o club anfitrión e campión de Galicia, Balonmán Porriño.
Deste xeito, o mércores 16:
– Ás 16.00 h CBM Delicias Play 360 A – Barsa Cadet A
– Ás 18.15 h Balonmano Porriño – Grupo IMQ
– Ás 20.30 h Zaisa Bidasoa Irún – CajaSur CBM
O xoves 17, a alcaldesa Eva García ofrecerá unha recepción aos equipos participantes no Concello pola maña, e pola tarde:
– Ás 16.00 h Fertiberia Puerto sagunto Cadete A – CajaSur CBM
– Ás 18.15 h Grupo IMQ – CBM delicias Play 360 A
– Ás 20.30 h Balonmano Porriño – Barsa Cadet A
O venres 18, os encontros serán:
– Ás 16.00 h Zaisa Bidasoa Irún – Fertiberia Puerto sagunto Cadete A
– Ás 18.15 h Barsa Cadet A – Grupo IMQ
– Ás 20.30 h Balonmano Porriño – CBM Delicias Play 360 A
O sábado día 19 terán lugar as semifinais, unha ás 17.00 h e outra ás 19.15 h. E xa no domingo 20 pola mañán, ás 10.00 h xogaranse os 3º e 4º postos, para dar paso á final na que se determine que equipo de cadete masculino, será o gañador do Campeonato de España de Balonmán.