José Docampo 12/06/2021

O documental, proposto pola veciña de Cans María Jesús Sánchez, realizarase a través dun curso de formación de guión, edición e montaxe, no marco do Proxecto Cans 303. Haberá un máximo de 10 prazas disponibles para participar neste curso que terá lugar os sábados e está coordinado polo realizador Juanma Lodo. O Festival fai un chamamento a todas as persoas maiores que teñan fotografías ou poidan lembrar historias arredor destas mulleres estraperlistas.

O Festival de Cans, que celebrará a súa XVIII edición entre os días 1 e 4 de setembro, impulsará nesta edición a realización dun documental colectivo que recollerá a memoria das mulleres estraperlistas da aldea. Este documental estará coordinado polo realizador Juanma Lodo, e funcionará como un curso de formación no que se poderán inscribir como alumnas e alumnos un máximo de 10 persoas.

O filme parte dunha idea aportada pola veciña de Cans María Jesús Sánchez, e realizarase a partir dun traballo de documentación sobre estas mulleres que atoparon no coñecido como estraperlo, ou contrabando de produtos daquela ilegais, un sustento para as súas familias nos duros anos da posguerra. O proxecto pretende visibilizar a todas estas mulleres da posguerra que percorrían durante moitas noites ducias de quilómetros atravesando camiños e corredoiras, desde os montes limítrofes con Portugal ata chegar os arredores do Monte Castelo e descender desde alí a aldea de Cans.

En bolsas, mochilas ou faltriqueiras estas mulleres levaban produtos daquela prohibidos como café ou tabaco, cos que cargaban a través dos montes, en zonas nas que se mesturaban desde carabineiros ata salteadores de camiños que roubaban a estas estraperlistas. Moitas destas mulleres foron moi populares na zona, e arredor delas circulan moitas historias que van de amoríos ocultos no monte ata redes de soborno de carabineiros.

Este documental busca iniciar no guión, na edición e na montaxe a todas as persoas interesadas en adquirir nocións da construcción dunha obra audiovisual. O Festival de Cans promove este traballo dentro das súas liñas de recuperación da memoria da aldea, de situar ás mulleres no centro do relato e de tecer unha relación interxeneracional fomentando a participación da xente nova na elaboración do documental. O traballo final estrearase durante o Festival de Cans, seguindo a liña doutros documentais que se fixeron nos últimos anos, que rescataron a memoria da aldea, como “A Canteira de Cans”, “Historia dos Catro Ventos” ou “Dona Sara”, sobre esta mestra que marcou a varias xeneracións de nenas e nenos da aldea. A presentación destes filmes é sempre un dos momentos máis emocionantes do festival.

O curso celebrarase todos os sábados, a partir deste 12 de xuño e ata finais de agosto, entre 10,00 e 13,00 horas, e a inscrición continuará aberta ata o vindeiro xoves 17. Comezará de xeito online para pasar a ser presencial a partir do mes de xullo, a inscrición custará 20 euros e só hai 10 prazas dispoñibles. As persoas que desexen poderán facelo no mail festivaldecans@festivaldecans.com ou contactando por privado nas redes sociais do Festival de Cans, así como todas aquelas que poidan aportar fotografías ou aportar testemuñas sobre a historia destas mulleres.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad