Sthela Táboas 11/06/2021

A edil de Vías e Obras indica que isto “obstrúe o investimento de 730.000 € nun plan de obras de mantemento en vías e saneamento”

Os votos conxuntos do PP e de Manuel Carrera obrigaron a deixar enriba da mesa, a tramitación do Plan Estratéxico de Obras de Mantenento en Vías Municipais e Saneamento que a Concellería de Vías e Obras, dirixida pola socialista Lourdes Moure, levou hoxe a ditame pola Comisión Municipal de Economía.

O devandito Plan, cun investimento previsto de 730.000 €, está baseado nunha moción que presentara o PP no pleno de abril, aprobada por unanimidade. Unha primeira proposta de plan plurianual da Concellería, levada ao pleno de maio, quedou pendente para matizar cos voceiros que foron chamados a consultas.

Segundo a concelleira Lourdes Moure “das reunións con Manuel Carrera e Alejandro Lorenzo e Pedro Pereira concluímos que había acordo coas actuacións descritas no Plan, aínda que formularon algunhas propostas concretas que temos recollido”, indicou a responsable de Vías e Obras.

Tan só as concelleiras de EU SON non acudiron á convocatoria de reunións previas realizada pola concelleira Moure.

Hoxe, na Comisión Municipal de Economía, o Plan Estratéxico de Obras non se ditaminou. Os tres votos favorables a súa tramitación -2 PSOE e 1 BNG- foron derrotados por 5 votos en contra. “Produciuse, de xeito inesperado, unha pinza entre os concelleiros do PP e o voceiro de UDDL para obstruir o traballo desta concelleira”, explicou Lourdes Moure.

Os catrosconcelleiros do PP pediron deixar enriba da mesa o asunto, proposta que contou co respaldo de Manuel Carrera.

Lourdes Moure valorou que “a pinza que fan PP e Manuel Carrera o que intentan é obstruir e non permitir que esta Concellería de Vías e Obras faga o seu traballo”. A segunda tenente de alcalde lamentou a “falla de coherencia dos que presentan mocións queixándose que todo está fatal e reclamando que hai que arranxar O Porriño”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad