Sthela Táboas 11/06/2021

Eva García de la Torre acudíu á presentación da obra de Alvaro Bonet sobre a obra do recoñecido arquitecto porriñés “Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios”

O Círculo de Bellas Artes de Madrid acollía onte a presentación do libro que recolle os traballos do gran arquitecto porriñés Antonio Palacios, ao que, ademáis do seu autor Álvaro Bonet, acudíu a alcaldesa de O porriño, Eva García de la Torre. Entre os espectadores ocupou un lugar salientable na primeira fila de cadeiras, a vicepresidenta terceira do Goberno Central e deputada de Galicia en Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz.

Previo comezo ao acto, alcaldesa e vicepresidenta estiveron falando e recibiron un agasallo da directiva do Círculo de Bellas Artes.

Eva García de la Torre solicitou que Madrid “honre debidamente ao noso arquitecto Antonio Palacios, que deixou unha obra tan destacada nesta capital, coa concesión do nome dunha rúa sobranceira da cidade”. A alcaldesa do Porriño falou este serán ante un auditorio ateigado de público no Círculo de Bellas Artes de Madrid.

Na súa intervención, Eva García reivindicou a “enorme transcendencia de Antonio Palacios como urbanista cunha pegada innegable en Vigo, no Porriño e tamén en Madrid, onde deixou un legado impresionante do que unha mostra é este edificio do Círculo de Belas Artes onde nos atopamos”.

A rexedora reivindicou que “dende a nosa chegada á Alcaldía do Porriño temos traballado de arreo para recuperar unha meirande parte dos cadernos de debuxos de Antonio Palacios, que serviron para editar libros como este que estamos a presentar hoxe, obra de Alvaro Bonet”, manifestou García de la Torre.  

Precisamente Alvaro Bonet, autor de “Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios” editado por “Engaiolarte”, agradeceu a colaboración do Concello do Porriño e da súa alcaldesa, que lle permitiu acceder ao fondo documental de Palacios que se ten recuperado. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad