Mónica Romero 08/06/2021

Hoxe abre o prazo de inscrición, celebrarase no mes de xullo nas instalacións deportivas de Tui

O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.

Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

O Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021 levarase a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva – educativa aos nenos/as do concello. A finalidade deste campamento, é a de ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral, incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes, nos nenos e nenas que participen neles.

A primeira quenda realizarase do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 30 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, tendo a opción de aula matinal, de 8.00 a 09.00 horas, e aula de sobremesa, de 14.00 a 15.00 horas.

As inscricións formalizaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Tui ata o día 16 de xuño, ou no rexistro de entrada do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, solicitando cita previa no número de teléfono 687.227.190,debido ás medidas establecidas polo Concello de Tui para a prevención da COVID19. O prezo será de 30,56€ por quenda.

O Campamento de Verán “Igual é +” TUI 2021 conta con 130 prazas, das que se reservan 20 prazas en total para casos de exclusión social debidamente acreditados polos Servizos Sociais Municipais.

Toda a documentación poderá descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal, ou na sede electrónica do Concello de Tui.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad