Sthela Táboas 08/06/2021

As datas da estrea terán lugar no Festival Cabe no Sil, o venres 25 de xuño ás 22:30 h no Embarcadoiro de Santo Estevo en Nogueira de Ramuín; e o sábado 26 de xuño ás 22:00 h na Praza da Igualdade en San Xoán de Río

O espectáculo trátase dunha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor Bruxo Queiman e das Bruxas-Peregrinas. Un acto onde se mistura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, do folclore galego e neste caso enfocado a exaltación da Ribeira Sacra, a súa viticultura, a súa gastronomía as súas paixases, e os afiadores co seu idioma “O Barallete”.

Un espectáculo cheo de paixón, sentimento, forza escénica, música Folk- celta, danzas, pirotecnia fría e moito lumeeee…

Queiman defende a transmisión da Historia a través das lendas da nosa cultura atlántica, e da nosa Terra Galega. Homenaxea a xente do mar, homes e mulleres, aos netos de Breogán que deron orixe a primeira civilización de Europa. Un espectáculo que promove o Camiño de Santiago no seu paso polo interior da provincia.

Queiman destaca por facer de cada evento un acto único, personalizando o espectáculo cun traballo previo de recopilación, onde investiga a persoeiros, lugares e feitos que se deron nesa zona aos que poñer en valor, rescatando así a esencia e sabiduría de culturas esquecidas e ocultas no tempo.

O espectáculo está composto por música folk, danzas, 4 bruxas, 2 músicos, piroctecnia fría … onde o ritual da Queimada é o momento máis vistoso e esperado para espantar o mal ollado de toda presenza. Interprétanse temas musicais inéditos, como “Alalá do Mariñeiro” ou “O Meighacho”. Tamén haberá espazo para unha danza onde se homenaxea as mulleres do mar e do rural.

En definitiva, unha fusión de arte pouco habitual de declamación, música e danza que envolve ao público nun halo elegante, creativo, e asemade próximo, tanto polo sentimento que esconde detrás de cada verba ou nota coma pola novidade e amplitude do público que abarca.

Queiman estrea o seu novo espectáculo nun formato inédito nun espazo idílico como é o pantalán de Santo Estevo. Porase en valor a viticultura heroica e todo o patrimonio inmaterial que conforma a Ribeira Sacra.

A novidade do espectáculo de Queiman e a sua compañía, e que actuarán desde o Barco da Compañía Viajes Hemisferios e o público estará sentado na terraza do pantalán do embarcadoiro isto será unha novidade porque por primeira vez farase un espectáculo destas caraterísticas na Ribeira Sacra.

O Bruxo Queiman  conta con máis de 20 anos de experiencia, como transmisor e defensor dunha cultura milenaria, a Cultura Atlántica. Representa a esencia da terra, o que máis lle caracteriza, é a súa forza e sensibilidade. Bruxo Queiman, esperta o soño da indiferenza a moitos, aos que descoñecen o valor do ancestral, de aquilo que se vai herdando desde fai milenios da nosa nai Terra. Tamén é imaxe dun dos maiores Festivais en Portugal “Sexta 13”, en Montalegre. Onde se convoca en cada evento a máis de 40.000 persoas. En definitiva, a súa forza e o seu sentimento son algunhas das características máis salientables dos espectáculos aos que acude, causando un encontro de distintas emocións no público e deixando o pouco indiferente.

 →DATAS DO ESPECTÁCULO “Queiman Folki de Bruxo Queiman” Estrea!!!

Venres 25 de xuño, ás 22:30 h. Embarcadoiro de Santo Estevo. Nogueira de Ramuín. (Festival Cabe no Sil). Entradas: 10€ -Reservas en 620900265/hemisferios.org- Organiza: Asociación Cabe no Sil. O espectáculo conta co patrocinio da Asociación de Empresarios Nogueira de Ramuín, Viajes Hemisferios, Seturs, Concello de Nogueira de Ramuín, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia.

Sábado 26 de xuño, ás 22:00 h. Praza da Igualdade. San Xoán de Río. Organiza: Concello de San Xoán de Río. O espectáculo conta co patrocinio da Deputación de Ourense e Xunta de Galicia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad