José Docampo 05/06/2021

A sesión, para a que aínda quedan prazas dispoñibles, terá lugar hoxe ás 18 h no Pazo de Liñares e correrá a cargo de Xosé-Lois Armada.

Os tesouros que esconden os xacementos arqueolóxicos son innumerables. En Galicia destacan as pezas de ouvería castrexa nas que Xosé-Lois Armada, investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Santiago de Compostela, centrará este sábado a derradeira das conferencias do ciclo de charlas divulgativas que se están a realizar na provincia a través do convenio entre a Deputación e o CSIC. Baixo o título “O ouro dos castros” Armada presentará no Pazo de Liñares algunhas das últimas novidades da investigación da ourivería castrexa. A cita terá lugar ás 18.00 horas.   

A provincia de Pontevedra ten unha rica tradición ourive que se remonta á prehistoria e que deu lugar a unha xoiería de marcada personalidade. Tal é así que a ouvería dos nosos castros é unha das máis relevantes da Europa occidental, tanto polo número de pezas atopadas como pola súa calidade técnica. Entre elas os torques e as arracadas (os adornos de orella) son os obxectos máis frecuentes que se teñen atopado nos xacementos e constitúen auténticos emblemas identitarios.

A charla está aberta a todas as persoas que queiran coñecer os avances que o CSIC ten realizado nos últimos anos no coñecemento destas pezas grazas á aplicación de diversas técnicas analíticas. Aínda quedan prazas dispoñibles para asistir a esta charla. Todas as persoas que queiran desfrutar deles deberán reservar o seu asento previamente no 986 181 423 de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

A través do convenio entre a Deputación e o CSIC leváronse a cabo dende o mes de marzo unha serie de conferencias que tiveron por obxectivo a investigación e a posta en valor como recurso turístico dos castros da provincia. En concreto, o IES Chano Piñeiro de Forcarei e o IES Pintor Colmeiro de Silleda acolleron sendas charlas destinadas ao seu alumnado, e en Cuntis tivo lugar unha conferencia aberta a toda a cidadanía. Ademais, cómpre lembrar que o Museo de Pontevedra conta nos seus fondos con algúns dos conxuntos máis salientables da ourivería prehistórica e castrexa de Galicia: o Tesouro de Caldas, o de Foxados ou o coñecido como Tesouro Bedoya.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad