José Docampo 04/06/2021

O espazo cultural redondelán acollerá tamén de novo o evento Encordass. O obxectivo é achegar os artistas de diferentes culturas, convertendo a música nunha ferramenta de difusión da nosa cultura e de entendemento e encontro.

A Xunta reuniuse esta semana co director da asociación cultural Galicia Fiddle para abordar os detalles da décima edición do curso San Simón Fiddle, que acollerá este verán a Illa de San Simón. O espazo redondelán, xestionado pola Xunta de Galicia, será o escenario tamén dun novo encontro Encordass.

Nesta ocasión ambos eventos céntranse no intercambio do patrimonio cultural da música tradicional galega e italiana, enmarcada no uso dos instrumentos de corda. Neste sentido, o secretario xeral de Cultura explicou que o obxectivo é “achegar os artistas de diferentes culturas, convertendo a música nunha ferramenta de difusión da nosa cultura e de entendemento e encontro, o que supón tamén un grande enriquecemento persoal e social”. Os dous encontros celebraranse tomando as medidas necesarias para acadar as máximas garantías de seguridade sanitaria.

San Simon Fiddle é unha actividade dirixida a nenas e nenos entre 7 e 18 anos, un campamento de formación en violín para os rapaces que parten dun previo coñecemento do instrumento, pero aberto tamén á constitución dun grupo de iniciación. Do 5 ao 11 de xullo, poderán mellorar as súas competencias no uso de instrumentos de corda arredor da música tradicional ao tempo que socializan nunha contorna intercultural e diversa. O marco incomparable da Illa de San Simón permitiralles tamén desenvolver a conciencia da importancia do respecto e coidado do medio ambiente e a natureza que nos rodea.

O campamento contará con cursos para a aprendizaxe de novas técnicas musicais, improvisación de ritmos, para a asimilación do repertorio característico da música tradicional galega e italiana, así como obradoiros de baile, canto e traxes tradicionais e outras actividades complementarias de carácter lúdico.

Pola súa parte, Encordass celebrarase do 2 ao 5 de xullo, constituíndo un encontro entres os músicos integrantes da asociación cultural Galicia Fiddle e varios artistas convidados, como Rémy e Vicent Boniface, Sergio Caputo, Francesco Busso, Ilio Amisano e Marta Roma.

Durante as xornadas, os participantes traballarán de xeito conxunto temas tradicionais de Galicia e Italia, descubrindo as características dos instrumentos e técnicas, o que lles permitirá tanto atopar as semellanzas como afondar nas distintas sensibilidades. As actividades completaranse con talleres de baile impartidos por expertos de Balfolk, un movemento no que músicos e bailaríns se reúnen nun espazo para a celebración e o intercambio musical, social e cultural.

O domingo 4 de xullo, como remate do curso, celebrarase un concerto no que participará todo o alumnado, así coma os mestres invitados, e que será retransmitido online

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad