Sthela Táboas 03/06/2021

Cun “ata sempre compañeira”, Carmela Silva despediuse da exdiputada: “Estou moi triste, totalmente desolada. Foron moitos anos traballando xuntas, tanto en Vigo como na Deputación. É un golpe moi duro”

A presidenta provincial anuncia a organización dun grande acto de recoñecemento público á figura “inigualable” de Isaura Abelairas, feminista comprometida e cunha longa traxectoria no municipalismo

A Deputación de Pontevedra amosou esta mañá o seu enorme pesar polo falecemento de da ex deputada provincial Isaura Abelairas, “feminista desde sempre, cun constante activismo e compromiso na loita pola defenda dos dereitos das mulleres e cunha longa traxectoria no municipalismo” como así a cualificou a presidenta provincial. Cun “ata sempre compañeira”, Carmela Silva, que trasladou as condolencias de toda a corporación provincial, despediuse da “inigualable” Isaura Abelairas amosando sentirse “moi triste, totalmente desolada. Foron moitos anos traballando xuntas, tanto en Vigo como aquí, na Deputación. É un golpe moi duro”.

“Isaura Abelairas merece todo o noso recoñecemento”, asegurou a presidenta provincial ao tempo que anunciou que “imos organizar dende a Deputación un grande acto de recoñecemento e homenaxe pública á súa figura”. Carmela Silva enxalzou a traxectoria da ex deputada poñendo en valor tanto o seu compromiso co progreso social da cidade de Vigo e da provincia de Pontevedra como co feminismo e coa loita polos dereitos das mulleres. Tamén tivo palabras para recordar a súa despedida da Corporación Provincial, aló polo mes de febreiro de 2020, “cando nos pediu que seguiramos loitando pola igualdade e aportando todo o necesario para que a sociedade fose máis xusta. Así faremos e con máis forza, se cabe, agora. Non nos imos deter. Non imos parar ata conseguilo”.

Isaura Abelairas ocupou a área de Igualdade na Deputación de Pontevedra dende o primeiro mandato de Carmela Silva, cando se creou o servizo, inexistente ata o 2015. Con ela ao fronte, a igualdade converteuse nun eixo prioritario na institución e bandeira transversal a todas as políticas do goberno. Liderou iniciativas como a posta en marcha da primeira Escola de Igualdade de Galicia, María Vinyals; o primeiro Plan de Igualdade da Deputación; os programas “Mulleres en acción. Violencia Zero” ou “Cinema e Muller”; os premios Sofía Novoa; as exposicións “Rompe. Xoga en igualdade”, “Sorrisos transformadores” ou “Achegas das mulleres ao mar”; a Cátedra de Feminismos 4.0 coa Universidade de Vigo; as campañas de xogo igualitario do Nadal ou a impulsada nos festivais de música “Lembra! Eu decido, ti respectas”; ou as axudas para concellos e entidades para impulsar a igualdade e previr as violencias machistas, entre outras accións.

Mestra de profesión e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo dende 1993 ata 2007, Isaura Abelairas tivo unha ampla traxectoria política como concelleira, deputada provincial nos períodos 1999-2003 e 2007-2020) e parlamentaria autonómica (2020-2021).

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad