A piloto e a copiloto participarán o vindeiro 19 de xuño no Rally de Pontevedra
Esta mañá foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys cun Peugot 107 e que están a competir no campionato galego, no Open Donas.
Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra.
O alcalde, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez; e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados.
Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, amosoulles o seu recoñecemento pola súa valentía e coraxe, así como pola contribución que están a facer na visibilizacion das mulleres en deportes claramente masculinizados.