Juan de Marco 03/06/2021
Homenaxe Xela arias

A Delegación Territorial acolle a mostra itinerante coa que a Consellería de Cultura divulga e pon en valor a figura da escritora e que poderá verse ata o 22 de xuño

A Xunta de Galicia, representada nos seus secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo M. Lorenzo, respectivamente, e na súa na súa delegada territorial, Marta Fernández-Tapias Núñez, inaugurou hoxe na Delegación Territorial de Vigo a exposición itinerante Xela Arias. Asinamos ser libres, coa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade divulga, pon en valor e dá a coñecer entre a cidadanía a figura, a vida, a obra e o contexto histórico que lle tocou vivir á autora anfitrioa das Letras Galegas 2021.

Anxo M. Lorenzo, na súa intervención, referiuse á poeta, tradutora, editora e mestra Xela Arias como “unha das voces máis persoais da literatura galega contemporánea, que conecta coas xeracións máis novas dos creadores”. A inauguración foi seguida dun percorrido guiado pola mostra coa participación da familia de Xela Arias, representada no seu fillo, Darío Gil; a súa nai, Amparo Castaño e o fotógrafo Xulio Gil. A mostra pódese visitar de balde ata o
vindeiro 22 de maio.

Xela Arias. Asinamos ser libres achega a figura da homenaxeada polas Letras Galegas 2021 a once localidades e bibliotecas públicas baixo a coordinación de contidos de María Xesús Nogueira, profesora, escritora, biógrafa de Xela Arias, e producción de Ouvirmos S.L.. Conta no seu deseño con fotografías de Xulio Gil, así como do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.

As pezas que conforman a mostra poden verse tamén en liña no Portal da Lingua Galega para percorrer, a través deles, a infancia de Xela Arias, a súa adolescencia rebelde, os seus primeiros textos poéticos, a conexión da súa poesía coa cultura e a sociedade do seu tempo (a literatura, a música, a fotografía, o activismo político…), o seu labor como tradutora, a experiencia da maternidade plasmada en Darío a diario, o seu derradeiro poemario publicado en vida Intempériome, o seu pasamento repentino e o seu legado. Trátase dun dos proxectos expositivos incluídos na ampla programación desenvolta pola Xunta Galicia arredor do 17 de maio.

Sarria e Pontevedra, próximas paradas

Logo do seu paso por Santiago de Compostela e Vigo, fará paradas entre os meses de xuño e xullo na Casa da Cultura de Sarria e na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra. A partir de agosto a itinerancia prevista continúa na sede da Fundación Ramón Otero Pedrayo (Amoeiro, Ourense), na Casa da Cultura de Outes, nas bibliotecas públicas de Lugo, da Coruña e de Ourense, na Casa da Cultura de Boiro e na Fundación Curros Enríquez – Casa dos Poetas, Celanova, onde completará a finais de ano o seu paso polas catro provincias galegas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad