Redacción 27/05/2021

Ocorreu este mércores cando dous axentes impediron que un veciño de Salceda de 47 anos se precipitase á vía do tren desde unha ponte en As Gándaras

 

Dous axentes da Policía Local do Porriño evitaron onte o suicidio dunha persoa que estaba na varanda da ponte de acceso á Autovía A-55, do polígono das Gándaras.

 Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que unha persoa estaba agarrado pola parte exterior da varanda da ponte “con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren” segundo sinala o atestado. Cando a patrulla policial chegou atoparon esta situación e tamén a un grupo de persoas que, a unha distancia prudencial, tentaban convencelo para que non se tirara. Nese intre circulaba un tren por debaixo da ponte.

Os dous axentes actuaron con rapidez e destreza. Mentres un deles empezou a falar coa persoa que pretendía tirarse, o outro policía agarrouno polos brazos e o pescozo para evitar que se lanzase e puideron retiralo da zona de perigo ata que chegou unha ambulancia e tralasdouno ata o Centro de Saúde.

A persoa protagonista desta tentativa de suicidio identificouse como un veciño de Salceda de Caselas, de 47 anos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad