Os interesados en participar nesta formación en liña poden inscribirse na ligazón https://mos.portalemp.com
O Concello de Mos desde a súa Axencia de Colocación organiza unha serie de obradoiros on line. Trátanse de sesións de formación organizadas en colaboración coa Fundación Cibervoluntari@s a desenvolver durante o vindeiro mes de xuño. Son obradoiros de nivel intermedio dirixidos a todas aquelas persoas que queiran proxectar a súa marca persoal, innovación, proxecto emprendedor ou proxecto empresarial a través do márketing dixital. Os interesados en participar poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://mos.portalemp.com
O programa no que se enmarcan estes obradoiros denomínase IniciaTIC e ten como obxectivos paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, PEMES, e axentes da economía social, e que se puxo en especial evidencia a raíz da COVID-19, apoiando e impulsando a dixitalización dos devanditos axentes para mellorar a súa competitividade. Preténdese así facilitar a adaptación da actividade económica a través de procedementos de dixitalización básica a escearios cambiantes provocados pola COVID-19.
Desde o Concello de Mos ofértanse dentro deste programa un total de 6 cursos on line totalmente gratuítos: comercio electrónico o 7 de xuño de 19 a 20.30 horas, ferramentas de comunicación e xestión o 9 de xuño de 19 a 20.30 horas, administración electrónica o 15 de xuño de 19 a 20.30 horas, márketing dixital o 16 de xuño de 19 a 20.30 horas, ciberseguridade o 21 de xuño de 19 a 20.30 horas, e Big Data o 23 de xuño 19 a 20.30 horas.