Redacción 26/05/2021

Eva García, alcaldesa do Porriño firmou este mediodía con Enrique Mastral, director xeral da empresa “MassilIy Ibérica Iberembal”, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a  industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal

O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localizase no PPI 7, na parroquia de Budiño. A firma compradora vai construir unha factoría de  envases metálicos para conservas alimenticias.

O director xeral da firma manifestou que “temos en marcha un importante proxecto de futuro para o seu desenvolvemento nos mercados de Galicia e Portugal” “Massilly Ibérica IBEREMBAL” fora a  única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.

A operación é por un importe de 960.000 euros (máis IVE) o que suporá un ingreso moi importante para a tesorería municipal que “se destinará a diversos investimentos no concello para a mellora da  calidade de vida da veciñanza”, manifestou a alcaldesa, Eva Garcia ao remate da firma.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad