Elena Candia define a Héctor Salvador como “un embaixador extraordinario da nosa provincia” e pon en valor o seu talento para impulsar a industria náutica en España
Dende a sede da empresa en Barcelona, Salvador tivo un papel fundamental no desenvolvemento do vehículo, coordinando a importante contribución da industria española ao proxecto, liderada por empresas como GUTMAR, Ingenia ou Ictineu
Na actualidade atópase inmerso na fabricación doutro submarino que será o primeiro que permita baixar a 2.300 metros de profundidade nunha esfera completamente transparente
Trátase, dixo o enxeñeiro, de “aproveitar as sinerxias que ofrece a nosa industria altamente cualificada, única no mundo nalgúns aspectos”. “Aínda queda moito traballo que facer para comprender a dinámica e biodiversidade dos océanos, e incluso a nosa historia a través da arqueoloxía. En cualquera destes ámbitos, Galicia ten moito potencial ”, explicou
A presidenta provincial, Elena Candia, mantivo este luns un encontro con Héctor Salvador, o primeiro español en baixar á fosa das Marianas. A dirixente dos populares lucenses, unha vez coñecida a noticia, non quixo desaproveitar a ocasión para manter un encontro con este enxeñeiro aeronáutico que, “sen lugar a dúbidas, é un embaixador extraordinario da nosa provincia” e conta cun talento “que o fai merecedor de calquera recoñecemento público e institucional”, apuntou Candia unha vez rematada a xuntanza.
Este lucense de 37 anos “fixo historia” ao baixar ao terceiro punto máis profundo do planeta co submarino que el mesmo contribuíu a deseñar e construir, alcanzando os preto de 11.000 metros de profundidade. Na actualidade é o director de operacións de Tritón Submarines, a empresa que fabricou o DSV Limiting Factor, creado para Caladan Oceanic; entidade dedicada á tecnoloxía subacuática, á investigación e ao desenvolvemento sostible dos fondos mariños.
Na actualidade, atópase inmerso nos proxectos desta empresa, cuxa sede en España se atopa en Sant Cugat del Vallés (Barcelona). Concretamente, na fabricación doutro submarino que será o primeiro que permita baixar a 2.300 metros de profundidade nunha esfera completamente transparente. A este respecto, Candia puxo en valor o seu talento para impulsar a industria náutica en España. A súa empresa conta xa con 11 empregos fixos e no futuro prevé incorporar máis persoal técnico cualificado para “aproveitar, dixo o enxeñeiro, as sinerxias que ofrece a nosa industria altamente cualificada, única no mundo nalgúns aspectos.”.
“Os fondos mariños son a última fronteira na exploración do noso planeta. Aínda queda moito traballo que facer para comprender a súa dinámica e biodiversidade, e incluso a nosa historia a través da arqueoloxía. En cualquera destes ámbitos, Galicia ten moito potencial”, explicou. “O noso último obxectivo é acercar os océanos ao público xeral. Cando os ves cos teus propios ollos, é imposible non namorarse”, afirmou.
A inmersión, un reto con éxito
A inmersión durou máis de 12 horas nun batiscafo que visitou o punto máis profundo de cada un dos cinco océanos durante a expedición Five Deeps, competada en 2019. O obxectivo era localizar e recuperar un módulo científico que estaba atascado no leito mariño dende o día anterior ao mergullamento. Salvador e Macdonald, o seu copiloto australiano, tomaron unha mostra da estera microbiana existente nos sedimentos da foxa, que é de gran interese para a comunidade científica. Esta mostra está a ser analizada polo equipo do profesor Alan Jamieson, director científico da expedición.
Dende a sede da empresa en Barcelona, Salvador tivo un papel fundamental no desenvolvemento do vehículo, coordinando a importante contribución da industria española ao proxecto, liderada por empresas como GUTMAR, Ingenia ou Ictineu.
Antecedentes
O abismo da Sirena, cunha profundidade máxima de 10.730 metros, é o segundo punto máis profundo da foxa das Marianas e o terceiro do mundo. O abismo Challenger, donde Vescovo obtivo o récord Guinness á inmersión máis profunda nun vehículo tripulado o 28 de abril de 2019, é o punto máis profundo dos nosos océanos con 10.925 metros. Ata a entrada en servizo do DSV ‘Limiting Factor’, a foxa das Marianas só fora visitada por vehículos tripulados en dúas ocasións: o 23 de xaneiro de 1960 polo batiscafo Trieste capitaneado por Jacques Piccard e Don Walsh, e o 26 de marzo de 2012 polo cineasta canadiense James Cameron a bordo do Deepsea Challenger.
A primeira inmersión dun español na foxa das Marianas, cuxo nome fai honra á raíña Mariana de Austria, tivo lugar poucos días despois do 500 aniversario da chegada a Guam da expedición de Magallanes-Elcano. A tripulación do DSV ‘Limiting Factor’ tomou una mostra de agua do fondo, que será entregada á Armada para depositala no Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando como homenaxe aos marinos que perderon a súa vida no mar durante ese primeiro cruce do océano Pacífico.