Redacción 22/05/2021

O concello agarda iniciar en agosto o proxecto de rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira

 

O Concello do Porriño agarda iniciar en agosto as obras da rede de saneamento e pavimentación en Arrotea-Lameira, na parroquia de Pontellas, segundo as previsións que manexa o concelleiro responsable de Infraestruturas Pedro Pereira.

O proxecto actualmente atópase en fase de licitación. Aínda está aberto o prazo de presentación de ofertas que rematará o 7 de xuño.

O prazo de execución será de 3 meses e conta cun orzamento de 115.632 €, que vai ser financiado polo “Plan Concellos 2021” da Deputación Provincial.

“A actuación vai permitir deixar rematadas as conexións coas actuais redes de subministración e saneamento do Porriño, a fin de conseguir un todo harmónico e interconectado”, segundo o concelleiro responsable.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad