Redacción 21/05/2021

A súa intervención poderá seguirse en directo en tui.gal o próximo martes, 25 de maio, ás 19 h

 

 

“O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador” é o título da conferencia que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofrecerá o próximo martes, 25 de maio, ás 19 h no “Foro do Camiño Portugués”. Este é o segundo relatorio deste foro creado polo Concello de Tui, que comezou a súa actividade o pasado mes de abril con Juan Manuel López-Chaves.

 

Nesta ocasión a presenza da máxima responsable da xestión do Camiño de Santiago en Galicia, así como do sector turístico galego, é unha oportunidade excepcional, cando se está recuperando a vitalidade nas rutas xacobeas, para coñecer de primeira man as perspectivas do goberno de Galicia no escenario post covid na recuperación turística e, de xeito especial, no referente ao Camiño Portugués.

 

A conferencia terá lugar Aula CeMIT, edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, (rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) e poderase seguir en directo a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. Para asistir presencialmente o aforo é limitado polo que é preciso inscrición previa no correo biblioteca@tui.gal.

 

Para o concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, o Concello de Tui continua, con este “Foro do Camiño Portugués”, avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello.

 

Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello como a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con máis de 1.800 amigos, … que son mostra deste empeño. Algunhas actuacións quedaron interrompidas pola pandemia, outras mantivéronse adaptándose ás novas circunstancias. Laureano Alonso sinala que esta iniciativa de creación do “Foro do Camiño Portugués” inxírese na vontade do Concello de Tui de prepararse para o escenario post-covid no ámbito da peregrinación xacobea levando adiante novas iniciativas que contribúan ao posicionamento do Camiño Portugués e de Tui cara ao futuro que como estamos comprobando nestas xornadas comeza a recibir peregrinos de múltiples nacionalidade abrindo un esperanzador horizonte.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad