Redacción 21/05/2021

A plataforma amosa o seu descontento pola ausencia dos dous concellos implicados

“O 19 de maio, participamos na 2a reunión do Proxecto Lindanet. Queremos lamentar que, unha vez máis, o Concello do Porriño non estivo presente e desta volta tamén fallou o de Mos. É fundamental que todas as administracións implicadas na solución dun problema tan grave e tan complexo coma este  traballen de xeito coordinado, fagan as súas achegas e a información circule con normalidade, cousa que non está a acontecer.”

O proxecto LINDANET, liderado a nivel estatal pola Comunidade de Aragón, ten por obxectivo unha posta en común das rexións europeas para traballar xuntas na mellora dos sitios contaminados por lindano.

Nesta última reunión puxéronse enriba da mesa boas prácticas implantadas en Aragón que poderían ser de interese no Porriño. Dende a Plataforma insistiuse en que é imprescindible que ademáis se teña en conta a nosa situación, totalmente distinta da doutros territorios. Aquí temos vivendas, centros educativos e outras edificacións  construídas enriba de terreos contaminados. Outra peculiariedade é a das fincas privadas con lindano, para as que a lexislación actual non dá unha solución asumible economicamente para moitas veciñas e veciños. O lindano tamén entende de clases sociais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad