Redacción 20/05/2021

COGAMI informa a alumnado Santiago Apóstol de Soutomaior sobre como previr unha lesión medular. 

A través destas charlas de prevención e sensibilización preténdese informar e asesorar sobre a importancia de evitar condutas de risco entre a mocidade.

A Traballadora Social de COGAMI en Vigo, Xulia Garrido, acompañada de Elena Borrego, a Técnica de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica), e polo voluntario, Ramón Rodríguez, impartiron unha charla de  prevención de lesións medulares para alumnado de 1º curso de bacharelato do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior. 

Durante preto de hora e media que aproximadamente durou a charla, realizouse unha exposición teórica sobre cales sos as situacións de risco que poden derivar nunha lesión medular, situacións temerarias que se realizan inconscientemente como poden ser os mergullos en lugares perigosos ou realizar manobras arriscadas e sen indumentaria apropiada cando se monta nunha motocicleta, bicicleta ou monopatín. 

Tamén se tratou sobre as secuelas dunha lesión medular, como asumilas e superalas. Para isto contouse coa participación de Ramón Rodríguez, voluntario de COGAMI que colabora nestas charlas de sensibilización contando a súa propia experiencia como persoa que vive cunha lesión medular. Ramón, aparte de contar a súa vida, tamén falou de situación discriminatorias coas que ten que convivir a diario como son as barreiras arquitectónicas e sociais que existen na nosa contorna. 

Estas charlas teñen por obxectivo concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco, intentando contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e os hábitos de prevención.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad