Redacción 14/05/2021

Obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro Rodríguez de Océano

Será o mércores, 26 de maio, ás 10 h. Poderase asistir presencialmente ou en liña a través de Zoom 

O Concello de Tui, a través da concellería de Formación e Emprego, organiza un obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo” a cargo de Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e poñente en habilidades sociolaborais de Océano.  Terá lugar o mércores, 26 de maio, en horario de 10 a 12 h. Poderase asistir presencialmente na Aula CeMIT, na Área Panorámica, ou en liña a través de Zoom. En ambos casos é preciso inscrición previa en orientación@tui.gal.

Á hora de enfrontarse ao mercado laboral a actitude coa que se realiza a busca de emprego inflúe directamente nos resultados que se obteñen. Neste obradoiro Pedro Rodríguez achegará aos participantes as claves para incrementar o nivel de motivación, para identificar e mellorar as habilidades para a inserción, e para facilitar o autocoñecemento profesional e persoal. Tamén abordará coma potenciar a proactividade e a creatividade na busca de emprego.  Outro dos contidos que se tratarán no obradoiro serán a situación actual do mercado laboral, as cualidades dos profesionais máis demandados, ou que facer para buscar traballo hoxe en día.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad