As institucións públicas coma o Concello do Porrriño deben favorecer a xeración de entornos protectores para á infancia
O Consello da Infancia e Adolescencia do Porriño tratou coa concelleira de Educación, Lourdes Moure máis persoal da OMIX, sobre entornos seguros para a mocidade porriñesa, na xuntanza celebrada no Centro Cultural Municipal.
O encontro gravouse para realizar unha reportaxe que se emitirá na canle municipal on line “Louriña TV Escolar”.
Segundo ven de definir UNICEF España, como parte do seu traballo fronte á violencia e os abusos, institucións públicas como o Concello do Porrriño que é ademáis Cidade Amiga da Infancia, deben favorecer a xeración de entornos protectores para á infancia, e impulsar modelos de prevención e atención ás situacións de violencia exercida en contra d@s nen@s.
Moure subliñou a importancia de que “o goberno local traballe de xeito coordinado con todos os axentes implicados para conseguir un concello onde nenas, nenos e adolescentes se sintan segur@s para desenvolver as súas vidas”.
“Dende o goberno, parécenos que contar coa axuda do Consello de Participación da Infancia é de grande axuda. Por iso aproveito este momento para dicirlles as nenas, nenos e adolescentes que se unan ao consello. Precisamos do voso traballo colaborativo para crear un Concello máis seguro para tod@s“, manifestou a concelleira.