Redacción 13/05/2021

Comenzan as obras recollidas no proxecto “Iluminación sostible nos Bic’s” e  “Iluminación exterior sostible 1” no centro urbano de Salvaterra de Miño por un importe total de 132.572,00€

Consta da sustitución das lámpadas por unhas eficientes de LED.

Esta semana arrancan as obras de cambio a led no centro urbano de Salvaterra de Miño contemplados nos proxectos “Iluminación sostible nos BIC´S” e Iluminación exterior sostible I”  que se enmarcar dentro do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Salvaterra de Miño, que conta co financiamento do 80% do FEDER a través da Convocatoria de Axudas a Entidades Locais para proxectos singulares que favorezan o paso a unha economía Baixa en carbono do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, no marcco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

As obras contemplan a sustitución das lámpadas actuáis por outras máis eficientes de tecnoloxía LED, sustitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámpadas de menor potencia de tecnoloxía LED, substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos, instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos, instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante pre-programación da luminaria para conseguir unha reducción do consumo da enerxía eléctrica da instalación reformada, en polo menos, un 30% . 

Esta actuación ten unha zona de alcance que comprende Rúa Miño, Ponte Internacional, Rúa Rosalía de Castro, Rúa Fonte da Vila, Rúa Galicia, Rúa Curros Enriquez, Rúa Raiña Dona Urraca, Rúa Marqués de Viana, Rúa Castelao e Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño e conta cun investivento cofinanciado por fondos FEDER de  106.057,6€, unha achega da Deputación Provincial de  12.393,20€ e unha achega municipal de 14.121,20€

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad