Redacción 06/05/2021

Desde o dez de maio, e durante todo un mes, catro escritoras e escritores de Mos e O Porriño presentarán obras para público de todas as idades.

 

O Concello mosense anunciou esta mañá a celebración dun ciclo de presentación de libros de autores locais, tanto de literatura infantil como para público adulto, titulado “Mos coa lectura”. Tal ciclo comezará o vindeiro luns, 10 de maio, e prolongarase durante todo o mes ata completar o total de 4 autores mosenses protagonistas do ciclo. O último presentarase o día 27.

A primeira das autoras será Miriam C. Leirós, natural da parroquia de Petelos, do barrio da Porteliña, que presentará o luns 10 de maio ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, situada tamén na Porteliña, o seu libro infantil ‘Los secretos de los cuentos clásicos (Archivos desclasificados)’ con ilustracións de Paloma Corral. Continuando co público infantil, o segundo título do ciclo vai dirixido tamén aos máis pequenos. Trátase de “Clover, unha porquiña diferente”, autoría da porriñesa Beatriz Cabaleiro que presentará a súa obra o 16 de maio ás 12:00 horas nos exteriores do Pazo de Mos.

Logo tocaralle o turno ao historiador e etnógrafo, veciño da parroquia de Dornelas, Javier Baquero, que tras dúas obras previas sobre historia de Mos, presenta agora un terceiro título co nome de ‘Aclaraciones históricas del ayer y hoy de Mos’. A presentación celebrarase o domingo 23 de maio ás 11:30 horas nos exteriores do Local Social de Dornelas. Por último Rosa Montenegro Bernárdez presentará no Centro Dotacional de Torroso a súa obra ‘El yo y sus metáforas’ o 27 de maio ás 19:00 horas. 

Con esta iniciativa, o Concello pretende poñer en valor e dar apoio a cultural local, así como fomentar á lectura.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad