Redacción 06/05/2021

En total serán 97 alumn@s dos centros IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Sto. Tomas e CPR Hnos. Quiroga os que participen destas charlas

 

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a Concellería de Educación promoveron un ciclo de charlas de prevención da violencia psicolóxica dirixidas a mozas e mozos, alumnos dos centros de ensino secundario que se están a impartir durante esta semana.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, acudiu hoxe ao IES Pino Manso para seguir unha desas charlas que imparten a técnica superior en promoción de igualdade de xénero, Elena Gómez Amoedo; Daniel Rodríguez González e Tania González Iglesias, funcionarios municipais adscritos á unidade de violencia de xénero do Porriño.

A concelleira indicoulles aos rapaces que presten “moita atención ás recomendacións destes técnicos e que ao menor indicio ou síntoma de que poidan estar sendo obxecto de violencia psicolóxica, reaccionen e denuncien”.

O obxectivo destas charlas é formar aos alumn@s na problemática da violencia de xénero e facilitarlles ferramentas para a detección, a prevención e a intervención fronte aos malos tratos físicos e psicolóxicos á muller, especialmente por parte das súas parellas. Así mesmo, abordase a problemática dos malos tratos neste eido entre adolescentes.

As charlas estanse a desenvolver nos centros IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Sto. Tomas e CPR Hnos. Quiroga. En total serán 97 @s alumn@s participantes, con idades entre os 14 aos 16 anos.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad