“A mocidade coas Letras Galegas 2021” trata de promover o uso da lingua galega na xuventude usando os seus códigos nas actividades alternativas baseadas na cultura urbana coma o “rap”
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto coa Concellería de Normalización Lingüística trae o programa “A mocidade coas Letras Galegas 2021”.
Este martes 4 de maio, na Praza do Cristo, para celebrar o Día das Letras Galegas 2021 adicado á poeta Xela Arias, en horario de mañá, cunha duración prevista de catro horas, desde as 10:00 h ata as 14:00 h. Ao remate da actividade será coa instalación das pancartas conmemorativas polo Día das Letras Galegas nas fachadas dos edificios do Centro Cultural Municipal e do Concello do Porriño, onde permanecerán expostas durante todo o mes.
Con esta iniciativa, promóvese o uso da lingua galega entre a mocidade a través dun achegamento máis atractivo e usando os seus códigos nas actividades alternativas baseadas na cultura urbana, concretamente no “rap”. Partindo de contidos culturais relacionados coa nosa comunidade e a nosa contorna, motivamos a nosa xuventude a participar en proxectos creativos.
Por outro lado dignifícase a lingua galega, usando como vínculo artístico, musical e plástico a figura de Xela Arias, aportando o recoñecemento da poeta e toda a súa traxectoria vital.
Con “A mocidade coas Letras Galegas 2021” no Porriño, tamén contribuímos a promover e dar visibilidade ás actividades de carácter artístico e ao uso da lingua galega a través deste programa, mediante a súa publicación nas redes sociais, páxinas web e noutros medios de comunicación e difusión.
Por outra banda, a Concellería de Normalización Lingüística informa que o vindeiro xoves día 6, terá lugar a inauguración da exposición sobre Xela Arias, titulada “A poesía do retrato” que se amosará no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. A mostra permanecerá aberta ata o 30 de maio.
Para asistir á inauguración que comezará ás 19:00 h é necesaria inscrición previa a través do correo electrónico cultura@oporrino.org